Caso real de una familia de Redondela, Pontevedra, que tiene que soportar vivir al lado de una empresa de hormigón ilegal
Mostrando entradas con la etiqueta boletín. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta boletín. Mostrar todas las entradas
domingo, 6 de octubre de 2013
Carta de agradecemento a AER
A través destas liñas a familia Crespo quere manifestar públicamente o seu máis sinceiro agradecemento a todos e cada un dos membros da Agrupación de Electores de Redondela (AER), así como ós seus simpatizantes e amigos.
Queremos deixar claro que as nosas palabras de agradecemento van destinadas ás persoas e non ó signo político que representan, pois non é a nosa intención entrar en valoracións de índole política, nin apoiar ou responsabilizar a un ou outro partido no asunto da problemática orixinada coa cementeira de Vilar.
Tras anos de loita en soidade, por primeira vez sentimos que o noso problema foi escoitado, estudado e valorado, tra-lo cal brindóusenos axuda para intentar acabar con esta inxustiza.
Dende o primeiro momento, os membros de AER demostraron unha grande capacidade de traballo e implicación, chegando mesmo a facer seu o problema da cementeira e facendo gala en cada unha das súas iniciativas dun espírito de loita en favor dos veciños e do cumprimento da legalidade.
Aquí podedes ver a súa última mostra de apoio:
BOLETIN AER 15
Pola vosa axuda, dedicación, horas de traballo desinteresado, empatía e solidaridade connosco dámosvos as GRACIAS.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)