domingo, 6 de octubre de 2013

Carta de agradecemento a AER


A través destas liñas a familia Crespo quere manifestar públicamente o seu máis sinceiro agradecemento a todos e cada un dos membros da Agrupación de Electores de Redondela (AER), así como ós seus simpatizantes e amigos.

Queremos deixar claro que as nosas palabras de agradecemento van destinadas ás persoas e non ó signo político que representan, pois non é a nosa intención entrar en valoracións de índole política, nin apoiar ou responsabilizar a un ou outro partido no asunto da problemática orixinada coa cementeira de Vilar.

Tras anos de loita en soidade, por primeira vez sentimos que o noso problema foi escoitado, estudado e valorado, tra-lo cal brindóusenos axuda para intentar acabar con esta inxustiza.
Dende o primeiro momento, os membros de AER demostraron unha grande capacidade de traballo e implicación, chegando mesmo a facer seu o problema da cementeira e facendo gala en cada unha das súas iniciativas dun espírito de loita en favor dos veciños e do cumprimento da legalidade.

Aquí podedes ver a súa última mostra de apoio:

BOLETIN AER 15

Pola vosa axuda, dedicación, horas de traballo desinteresado, empatía e solidaridade connosco dámosvos as GRACIAS.

No hay comentarios: